O ciclo municipal de teatro por barrios "Vigo a Escena" ofrece o sábado tres representacións
A compañía Lambríaca Producións representa a obra "Chicho e a Santa Compaña", ás 19.30 h. na AVV Emilio Crespo San Paio de Navia. Ás 20.00 horas na AVCD " Monte da Mina" de Castrelos o grupo de teatro Fulano, Mengano, Citano pora en escena "Arte" e Máscara Producións "Asalto de cama" ás 20 horas na AVV Agaraimo en San Xoán Poulo.
Lambríaca Producións "Chicho e a Santa Compaña", ás 19.30 h. na AVV Emilio Crespo San Paio de Navia
Sinopse: ¿Quén dende neno ou nena o carón do lume , dunha noite de treboada , non escoitou historias fantásticas da Santa Compaña?. Ven … aquel , pero quitando o amargado. ¿Quen non has escoitou?. Que sí …que o xordo obviamente tampouco.¿ Pero ídesme deixar contar o choio ou ides estar molestando?…iso está mellor. Hai algo nas historias de terror que nos fai voltar a sentirnos asustados, voltar a sentirnos coma cando eramos nenos , protexidos do mundo pola soa presencia dos nosos dous pais…ou da nosa nai.
Sobre a Santa Compaña teño escoitado falar ao farmaceutico que a mirou de lonxe, o médico e a homes e mulleres de seriedade inmaculada falar da Santa Compaña con respeto e certo temor. Pero claro tamen os teño escoitado falar con temor da Guardía Civil.
Pero para coñecer a verdade, nada mellor que falar con Chicho ou coa sua muller Minia.Eles descubriron no episodio que vostedes estan apunto de contemplar que hai cousas mais alá da vida e da morte, cousas que te poden matar …do riso.
Por iso para presentarlles esta obra co respeto que merece decidín meterme un polvorón na boca. "Fffseñodas e fffseñodes ffffchixo e a ffsssanta compaña".
Por certo…se hai alguen que non crea nesta historia pódelle preguntar ao Iker Jiménez que distas cousas sabe moito.
Fulano, mengano, Citano "Arte",ás 20.00 horas na AVCD " Monte da Mina" de Castrelos
ARTE da dramaturga francesa Yasmina Reza, a dirección de Celso Parada e o equipo de Fulano, Mengano e Citano conta a historia de Serxio, un mozo que compra un cadro completamente branco por unha gran suma de diñeiro. Cando un amigo seu decátase, non da crédito e inténtao solucionar. Humor acedo para poñer ao espectador fronte a un espello a través do cal analizar a súa propia esencia e a arte contemporánea.
Máscara Producións "Asalto de cama" ás 20 horas na AVV Agaraimo en San Xoán Poulo
"Asalto de cama" é unha obra que afronta con humor a relación home-muller. A compañía defínea como unha "comedia pugilística en seis asaltos e medio" onde organizan un combate de luva branca e lencería sexy.
Descargar todas as imaxes