A Fundación Laxeiro comeza as actividades didácticas para escolares
Coincidindo co arranque do novo curso escolar, a Fundación Laxeiro reanudou o pasado mércores as súas actividades didácticas para escolares baixo o título Coñece a Laxeiro co obxectivo de tender canles de comunicación entre a educación, a cultura e a arte.
Patrocinada por Bitango promociones, Coñece a Laxeiro é unha actividade que, baseada na participación, tanto de educadores como de alumnos, achega a figura do artista seguindo unha metodoloxía que trascende no tempo ao día da visita á Fundación Laxeiro.
Coñece a Laxeiro posibilita un achegamento ás claves da arte contemporánea, tendo como fío conductor a figura do pintor de Lalín, en varios niveis. Primeiro, mediante unha reunión cos educadores que, a partir dese momento, traballarán diferentes temáticas recollidas nas unidades didácticas deseñadas para cada idade. Nun segundo momento, cando os rapaces e rapazas visitan a Fundación Laxeiro, poñen en práctica, mediante a experiencia directa, as cuestións que xa trataron cos educadores na escola, para rematar no Espazo azul realizando actividades prácticas pensadas para o desenvolvemento das capacidades plásticas dos nenos e nenas participantes.
Esta actividade que cumpre xa o seu quinto ano, está conseguindo afianzarse no calendario escolar como unha cita obrigada dentro da programación dos diferentes centros educativos da provincia.
O pasado mércores inaugurou a actividade o Colexio Porto Cabeiro, de Redondela. Un centro que se incorpora a esta actividade por primeira vez e que ten programadas visitas con todos os alumnos e alumnas ao longo do curso que acaba de comenzar.
Para reservar visita, os colexios só teñen que poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro, en horario de 9.00h a 14.00h, chamando ao teléfono 986-43 84 75 ou enviando un correo electrónico a info@laxeiro.es
Descargar todas as imaxes