mércores, 29 outubro 2008

María Méndez impulsa a colaboración cos centros educativos para atallar situacións de menores en risco

mércores, 29 out 2008

A concelleira de Benestar Social, María Méndez, salientou este mércores a súa aposta pola colaboración entre os servizos municipais de Benestar Social e os equipos de dirección e orientación dos centros educativos da cidade para abordar os mecanismos de intervención cos menores.A edil mantivo hoxe un encontro de traballo cos directores e directoras, así como cos responsables dos equipos de orientación, de centros de ensino de primaria e secundaria para avanzar nesa colaboración e atallar situacións de menores en risco social.

O Concello e a Federación de Hosteleiros de Pontevedra cooperarán contra o ruído e o botellón

mércores, 29 out 2008

O alcalde se entrevistou este mércores coa directiva da Federación pasa pasar revisión ao estado do sector en Vigo e para acotar os termos de cooperación entre os organismos de cara á loita contra a contaminación acústica e o botellón. A Federación suxire que as paradas de taxis non estean na medida do posible nas beirarrúas con vivendas e incluso pechas rúas ao tráfico pola noite.

O festival Are More iníciase o xoves coa actuación de Diego el Cigala

mércores, 29 out 2008

O festival de música Are More 2008, que cumpre a súa novena edición, abrirá o vindeiro 30 de outubro coa actuación de Diego el Cigala no Teatro Salesianos. O ciclo adicado ás mulleres e a homenaxe ao compositor Eduardo Soutullo conforman alunhas das novidades desta edición que terá o concerto de clalsura o martes, 16 de decembro coa interpretación do "Canto negro espiritual. Bridget Bazile & The Monnwalk Singers " na igresa María Auxiliadora.<br /> <br /> <br />

25 profesores británicos de intercambio visitaron o Concello de Vigo

mércores, 29 out 2008

Os docentes está aloxadas nas vivendas de distintos profesores vigueses e dan clase aos alumnos tanto en inglés como en español. O alcalde os recibiu este mércores na Alcaldía e lles invitou a que, o vindeiro ano, sexan "50 ou 100" os que cheguen a Vigo. Abel Caballero agarda que a cooperación entre o Reino Unido e a cidade continue.