luns, 27 outubro 2008

Novo programa de visitas escolares de Vigozoo

luns, 27 out 2008

Vigozoo pon en marcha o novo programa educativo coincidindo co inicio do curso escolar e que desenvolve desde hai sete anos o Departamento de Educación. Nos últimos anos foron moitos os alumnos que visitaron o parque e participaron nas diversas actividades que o equipo de monitores realiza no zoo de Vigo.

Pikor Teatro representa o martes a obra "Pisa la raya" no marco do décimo aniversario do Plan Local de Drogas

luns, 27 out 2008

Dentro dos actos conmemorativos do X Aniversario do Plan Local de Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo, a compañía Pikor Teatro realizará o martes, 28 de outubro, dúas representacións da obra "Pisa la raya". Nos espectáculos, que terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova ás 12.00 horas e ás 16.30 horas, participarán 713 alumnos e alumnas pertencentes a 13 centros de ensino de Vigo.