venres, 31 out 2008
O concelleiro de Cultura e Animación Sociocultural, o Xesus López, salientou este venres que os orzamentos para 2009 permitirán seguir desenvolvendo as dúas liñas de actuación nas que sustenta a xestión das súas áreas. O nacionalista subliñou que posibilitarán apostar pola "política cultural de base, feita para a cidadanía viguesa polos propios vigueses e viguesas", e achegar a Vigo "grandes espectáculos de prestixio internacional".
venres, 31 out 2008
O concelleiro de Cultura, Xesus López, dixo este venres que o acto de recoñecemento á figura de Orencio Pérez González era unha das débedas do Concello e da cidade de Vigo cara ao xuíz que durante anos estivo á cabeza do Xulgado de Instrución número 5 de Vigo. No acto de homenaxe, que tivo lugar nas dependencias xudiciais da cidade, ademais do edil do BNG tamén participaron o decano do Colexio de Avogados de Vigo, o presidente da Irmandade Xurídica Galega, o presidente da sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, o xefe superior de Policía de Galicia, o fiscal superior de Galicia e a viúva de Orencio Pérez, quen xunto ao concelleiro de Cultura presidiu a inauguración do busto adicado ao xuíz.
venres, 31 out 2008
O festival de música ARE MORE programa un ciclo adicado ás mulleres, que comezará o 2 de novembro co concerto de piano de Beatriz Montes nas instalacións do Real Club Náutico, como unha das novidades da presente edición do certame. O concerto será ás 12.30 horas con entrada libre ate completar aforamento.
venres, 31 out 2008
O CAT, Centro de Artesanía Tradicional de Vigo organiza o III Seminario Galego de Etnografía co fin de achegar a toda a cidadanía os valores do noso patrimonio etnográfico. Nesta III edición contará coa presencia do escritor e catedrático de Escola Universitaria de Historia Contemporánea na Universidade de Santiago, Xavier Castro Pérez, que achegará aos modos de vida cotiá dos galegos na época contemporánea.
venres, 31 out 2008
O museo Verbum – Casa das Palabras propon para as mañás dos domingos do mes de<br />
novembro unha selección de contos do mundo e viaxes polo globo terráqueo. Nos obradoiros<br />
realizaranse algúns xoguetes de diferentes partes do mundo e xogarese con eles para así<br />
coñecer moitos países e lugares que ata agora non podiamos nin imaxinar.
Cemiterios
venres, 31 out 2008
Comunicámoslle a tódolos usuarios dos cemiterios municipais que, por mor da festividade de Tódolos Santos, os devanditos cemiterios permanecerán abertos ininterrompidamente dende as 9.00 ata as 18.30 horas, os días 30 e 31 de outubro e 1 e 2 de novembro.