Pikor Teatro representa o martes a obra "Pisa la raya" no marco do décimo aniversario do Plan Local de Drogas
Dentro dos actos conmemorativos do X Aniversario do Plan Local de Drogodependencias e Outras Adiccións do Concello de Vigo, a compañía Pikor Teatro realizará o martes, 28 de outubro, dúas representacións da obra "Pisa la raya". Nos espectáculos, que terán lugar no Auditorio do Centro Cultural Caixanova ás 12.00 horas e ás 16.30 horas, participarán 713 alumnos e alumnas pertencentes a 13 centros de ensino de Vigo.
A obra "Pisa la raya" está dirixida á mocidade de 15 anos en adiante e a súa linguaxe e estética, a velocidade dos diálogos e dos cambios de escena, e a música, resulta atractiva para os espectadores. En definitiva é un espectáculo pensado, creado e posto en escena en todos os seús elementos para que poida chegar ao público xuvenil. De xeito divertido e fresco, catro actores e actrices representan diferentes escenas nas que aparecen reflectidas personaxes arquetípicos do mundo xuvenil e situacións relacionadas coa comunicación, a relación de parella, o ocio nocturno xuvenil, a independencia persoal, a violencia, o uso de drogas e as relacións sexuais. Todos os personaxes e situacións son perfectamente reconocibles, aínda que son tratadas con certa dose de abstración.
A idea de empregar "Pisa la Raya" nas actividades preventivas do consumo de drogas no ámbito escolar xurde ao partir da consideración de que existe unha relación entre teatro e medio escolar, entre teatro e educación. Históricamente, o teatro foi unha das principais ferramentas para a transmisión de valores, costumes, e ideoloxías, ademáis de ser un poderoso instrumento para a crítica social. En comparación con outras estratexias didácticas, o teatro xera maior impacto emocional no grupo de espectadores e fomenta en maior medida a reflexión. Así mesmo, pode servir coma un espello, no que os espectadores ven reflectidos os seus comportamentos e actitudes que no día a día pasan desapercibidos. Por outra banda, permite que que o profesorado poña en marcha actividades que desenvolvan e reforcen as mensaxes contadas na representación, pero sen transmitir unha mensaxe moralizante, senón abrindo debates, e fomentando a análise e a reflexión.