O Concello e a Federación de Hosteleiros de Pontevedra cooperarán contra o ruído e o botellón
O alcalde se entrevistou este mércores coa directiva da Federación pasa pasar revisión ao estado do sector en Vigo e para acotar os termos de cooperación entre os organismos de cara á loita contra a contaminación acústica e o botellón. A Federación suxire que as paradas de taxis non estean na medida do posible nas beirarrúas con vivendas e incluso pechas rúas ao tráfico pola noite.
O alcalde e a Federación estudaron o impacto da crise no sector, que xa se está a notar sobre todo nos índices de ocupación hoteleira nas fins de semana. Pola contra, o turismo de negocios apenas cae, aínda que se aprecian estadías máis curtas e con menor gasto na cidade. Os hosteleiros solicitaron ao rexedor que impulse os congresos e convencións no municipio, xa que palia os niveis de ocupación en Vigo.
Alcalde e Federación, encabezados polo seu presidente, José Manuel Magaz, estableceron as bases para a cooperación contra a ruído, unha cooperación que mellorará os resultados das actuacións municipais, indicou o alcalde.
Abel Caballero informou que se pretende tanto que os locais nocturnos se ateñan dentro dos niveis de son permitidos como limitar os ruídos nas rúas viguesas. A Federación suxire tamén trasladar as paradas de taxis ás beirarrúas sen vivendas e incluso plantexan limitar ou pechar ao tráfico rúas sitas en zonas acústicamente saturadas.
Botellón
O alcalde adiantou que "en breve" se tomarán medidas de aplicación paulatina para erradicar o botellón da rúa Joaquín Loriga, tal e como adiantou á Federación. Abel Caballero explicou que precisarán dunha ordenanza municipal para loitar dun xeito integral contra este problema, e que o Concello xa conta cun plan de acción elaborado.
Descargar todas as imaxes