Escoitar

Vigozoo participa en Expogalaecia

Desde o 31 de outubro ata o 2 de Novembro Vigozoo contará cun stand no Salón Internacional de Turismo, Gastronomía e Artesanía Expogalaecia 2008 no que poderase coñecer a variedade de actividades enfocadas a todo tipo de público desenvolvidas no Parque.

martes, 28 out 2008
Deste xeito Vigozoo quere consolidarse como unha opción máis de turismo e lecer tanto para os visitantes como para os residentes na cidade de Vigo.

O stand poderase visitar de 11:00 á 21:00 horas en horario ininterrumpido onde ofertarase diferentes actividades como talleres de pegadas e un pequeno Naturolab no que se poden tocar cuernas, mudas, ovos, cráneos, etc.