Escoitar

O alcalde aboga pola creación dun ámbito administrativo municipal na praza do Rei

O obxectivo de Abel Caballero é aglutinar nas proximidades da Praza todos os departamentos da administración local, dado o incremento do plantel da Xerencia de Urbanismo e da Policía Local en particular, que precisan unha ampliación do seus espazos. Ao efecto, o alcalde solicitou á Xunta de Galicia a cesión do edificio coñecido como A Gota de Leite.

mércores, 29 out 2008
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, explicou hoxe a súa intención de aglutinar no entorno na Praza do Rei todos os espazos da administración local, polo que solicitou á Xunta de Galicia a cesión do edificio coñecido como A Gota de Leite, nas inmediacións da praza.

O organismo autonómico, a través da Secretaría Xeral de Benestar Social, ten previsto un "magnífico proxecto", en verbas do alcalde, para converter o edificio nun Centro de Inclusión Social, que o alcalde defende pero combinándoo coa "ocasión única" de crear o ámbito administrativo. Hoxe mércores tivo lugar a primeira toma de contacto entre o Concello, coa presenza do alcalde e a edil de Benestar Social, e a propia Secretaría Xeral, María Xesús Lago, co obxectivo de compatibilizar ambas ideas.

O rexedor estima que o crecemento de departamentos municipais como a Policía Local, os Bombeiros ou a Xerencia de Urbanismo precisa da ampliación das súas instalacións a curto prazo. A finalidade de Abel Caballero pasa porque as dependencias locais non se disgreguen ao longo de distintas zonas da cidade, como sucede coas oficinas da Xunta de Galicia en Vigo, segundo exemplificou.

O alcalde tivo remitido ao Vicepresidente da Xunta de Galicia o seu requirimento de consideración da cesión da instalación para dependencias administrativas, feito polo que a Secretaria visitou este mércores o Concello. Abel Caballero afirmou que continuarán os contactos para compatibilizar ambas iniciativas