mércores, 13 feb 2008
O alcalde, Abel Caballero, reuniuse este mércores no Concello cos candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Pontevedra para realizar un balance da lexislatura que agora chega á súa fin.
mércores, 13 feb 2008
Tres propostas procedentes de Gales, Congo e Brasil van centrar o primeiro semestre do Festaval Sinsal 6, encontro de referencia da música avanzada en Galicia. Os míticos Young Marble Giants, que volven aos escenarios case trinta anos despois de editaren o fulcral "Colossal Youth", e os congoleses Konono No.1, a faciana menos coñecida da música africana, protagonizan un programa que principiará este luns 18 coa actuación dos brasileiros Kassin+2.
mércores, 13 feb 2008
O vindeiro domingo 17 de febreiro terá lugar a cuarta ruta do programa "Camiña e coñece", que percorrerá a costa viguesa dende Bouzas ata Toralla, segundo anunciaron este mércores os concelleiros de Cultura, Xesús López, e de Deportes, Xabier Alonso. A saída será ás 10.30 horas dende o pantalán de embarcacións tradicionais da praia do Adro de Bouzas e a chegada está prevista ás 13.30 horas na vila romana de Toralla, dende onde haberá un servizo de autobuses para facilitar o retorno ao punto de partida.
"Feminino Plural" de Bolován Teatro, prevista para finais de marzo, aprázase ata xuño por axustes na xira da compañía
mércores, 13 feb 2008
Coa obra "Hendaya mon amour" comeza mañá, 14 de febreiro, a programación estable de teatro para adultos para o primeiro semestre de 2008, posta en marcha pola Concellería de Cultura e Animación Sociocultural. A representación, a cargo da compañía Bacana, terá lugar no Auditorio Municipal a partir das 21.00 horas. Haberá unha nova oportunidade de gozar desta obra, que vén precedida do éxito da crítica, o venres 15 no mesmo horario.