O Goberno local dá o seu visto bo ao proxecto de Ordenanza Municipal de Carga e Descarga
O proxecto de Ordenanza Municipal de Carga e Descarga, a reversión do edificio Cambón á Xunta de Galicia, o reforzo do Corpo da Policía Local por dous meses e a solicitude dunha subvención de 4,8 millóns de euros para a contratación de 364 traballadores foron algúns dos temas tratados pola Xunta de Goberno Local na súa reunión deste luns.
Segundo lembrou o alcalde, Abel Caballero, nunha rolda de prensa este martes, o proxecto de Ordenanza Municipal de Carga e Descarga ten como obxectivos fundamentais mellorar a seguridade do tráfico, impedindo o tránsito sen previa autorización de vehículos de máis de 10 toneladas de peso polo centro da cidade, e limitar os horarios para realizar operacións de carga e descarga. Caballero salientou na súa intervención ante os medios que o proxecto, que será levado ao Pleno neste mes de febreiro, foi "pactado co sector" dos transportistas.
Así mesmo, o Goberno local deu luz verde á reversión do edificio Cambón á Xunta de Galicia para que nel se estableza a sede do Parque Nacional das Illas Atlánticas, tal e como solicitou a Consellería de Medio Ambiente. Abel Caballero adiantou que a Consellería vai comezar "de forma inmediata" os traballos necesarios para a posta en marcha da sede do Parque, que en "curto espazo de tempo", afirmou, estará operativa no edificio Cambón.
Outro dos acordos da Xunta de Goberno Local celebrada este luns foi o de aprobar un programa de reforzo da Policía Local, dado que, segundo sinalou o alcalde, "os efectivos dos que dispoñemos nestes momentos son claramente insuficientes". De acordo co programa aprobado polo Goberno municipal, os efectivos do Corpo van traballar un día máis ao mes durante dous meses. O Concello financiará este reforzo cunha contía total de 137.000 euros.
Por outra parte, o Concello de Vigo vai optar ás axudas convocadas dentro dos Programas de Cooperación 2008 da Consellería de Traballo. A tal fin, o Goberno local aprobou este luns solicitar á Xunta de Galicia unha subvención de 4.842.000 euros. Esta cantidade serviría para contratar un total de 364 traballadores no marco dunha batería de 26 proxectos correspondentes a distintos departamentos municipais.
Tamén tratou a Xunta de Goberno Local das subvencións que poden solicitar os cidadáns para realizaren a Inspección Técnica de Edificios (ITE), aprobando inicialmente unha ordenanza municipal que contempla axudas aos habitantes das vivendas de acordo con catro tramos de renda posibles. Segundo avanzou o alcalde, a subvención máis alta sería a de 225 euros para a inspección de vivendas unifamiliares, e a máis baixa sería a de 100 euros destinada á inspección de pisos.
Descargar todas as imaxes