venres, 15 feb 2008
O Concello de Vigo precintou na mañá deste venres e de xeito cautelar, os colectores soterrados instalados en distintos puntos do municipio, despois de ter noticia de que un traballador do servizo de recollida de lixo de Santiago de Compostela resultou morto na pasada medianoite cando traballaba cun destes depósitos.
venres, 15 feb 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este venres a posta en marcha da campaña "Novos anos, novos retos", que ten como obxectivo dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no marco do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), con motivo do seu décimo aniversario.
venres, 15 feb 2008
O alcalde, Abel Caballero, visitou este venres o mercado das Travesas, recentemente reformado, xunto co xerente das instalacións, Delmiro Hermida. Caballero recibiu dos cidadáns alí presentes solicitudes de mellora do contorno do mercado.
venres, 15 feb 2008
Economistas profesionais dos ámbitos público e privado de Galicia e do Norte de Portugal reuniranse en setembro en Vigo no Congreso Económico da Eurorrexión para analizaren conxuntamente o estado actual e o futuro da economía neste espazo de colaboración transfronteiriza. Así o anunciou o alcalde de Vigo, Abel Caballero, despois da reunión que mantivo este venres con representantes do Comité Organizador do Congreso.
venres, 15 feb 2008
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, inaugurou este venres no Centro Socio Cultural Caixagalicia a xornada "Nen@s na procura do éxito: Experiencias e propostas para loitar contra o fracaso escolar", cuxo obxectivo é dar resposta aos problemas dos nenos e nenas. Na súa intervención, María Méndez fixo referencia ao traballo que se está a levar a cabo dende a súa Concellería, pero tamén incidiu nos retos actuais para pais, nais e educadores, como "inculcar vellos e novos valores, comprender as diferenzas e mergullarse na diversidade" .