O Pleno debaterá a ordenanza municipal de subvencións para a realización da ITE
O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo propúxolle por unanimidade este xoves ao Pleno da Corporación a aprobación inicial da ordenanza municipal que ten por obxecto regular a concesión de subvencións aos propietarios que teñan que realizar a Inspección Técnica de Edificacións (ITE).
Estas axudas están dirixidas ás persoas físicas que sexan propietarias dun único inmoble de uso principal residencial e xustifiquen carecer de recursos económicos suficientes para asumiren o custo do informe da ITE.
O importe da subvención servirá para que o beneficiario finance unha porcentaxe do custo da realización do informe da ITE. Esta porcentaxe virá dada a partir da posición que ocupe o solicitante nunha táboa de puntuacións elaborada en función de criterios sociais, como a presenza na unidade familiar de persoas discapacitadas ou desempregadas, e dos ingresos da unidade de convivencia, establecéndose a tal fin unha serie de seis tramos posibles, na que o que recibe máis puntuación (10 puntos) é o de menos de 4.000 euros e o que menos (1 punto), o que vai de 8.001 a 8.720 euros.
Os beneficiarios que obteñan ata 7 puntos recibirán unha subvención de ata o 75% do custo do informe, cun máximo en todo caso de 225 euros para as vivendas unifamiliares e de 100 euros para as vivendas en réxime de propiedade horizontal. No caso dos solicitantes que obteñan máis de 7 puntos a axuda cubrirá ata o 100% do custo do informe, cun máximo de 300 euros para vivendas unifamiliares e de 150 euros para vivendas en réxime de propiedade horizontal.
Descargar todas as imaxes