O programa "Camiña e coñece" continúa o domingo cun percorrido dende Bouzas ata a vila romana de Toralla
O vindeiro domingo 17 de febreiro terá lugar a cuarta ruta do programa "Camiña e coñece", que percorrerá a costa viguesa dende Bouzas ata Toralla, segundo anunciaron este mércores os concelleiros de Cultura, Xesús López, e de Deportes, Xabier Alonso. A saída será ás 10.30 horas dende o pantalán de embarcacións tradicionais da praia do Adro de Bouzas e a chegada está prevista ás 13.30 horas na vila romana de Toralla, dende onde haberá un servizo de autobuses para facilitar o retorno ao punto de partida.
"Con esta iniciativa, queremos potenciar os hábitos saudábeis e dar a coñecer o patrimonio natural e cultural da cidade", salientou o concelleiro de Cultura, quen explicou que a participación nesta xornada, que xa é a cuarta que se leva a cabo dende que o programa foi iniciado en xuño cun percorrido polo Casco Vello e o Ensanche, e continuado en setembro pola senda do Lagares e en novembro polas mámoas de Candeán, é libre, gratuíta e aberta a persoas de todas as idades.
Pola súa banda, o concelleiro de Deportes indicou que nesta ocasión as explicacións sobre o percorrido costeiro, que terá unha duración aproximada de tres horas, correrán a cargo de Braulio Puga, delegado de actividades da Asociación de Mariñeiros de Bouzas, Pablo Carrera, director do Museo do Mar, Álvaro Santos Pérez, biólogo, e Fermín Pérez Losada, arqueólogo.
Segundo Xabier Alonso, durante o roteiro faranse seis paradas coas súas respectivas explicacións; a primeira no peirao de embarcacións tradicionais de Bouzas, despois da cal se bordeará a praia do Adro de Bouzas, recuperada, segundo salientou Xabier Alonso, grazas á acción do BNG; a segunda no castro de Punta do Muíño do Vento, aos pés do Museo do Mar, despois de pasar por debaixo do hotel Pazo Los Escudos; a terceira na praia de Samil, onde se explicarán os procesos de recuperación dunar, ao igual que na Xunqueira do Lagares e na praia do Vao. Finalmente, na vila romana de Toralla darase conta dos traballos de recuperación arqueolóxica que se están a levar a cabo nesta antiga residencia da época romana.
Este percorrido ten unha "estreita vinculación coa historia de Vigo no dificultoso desprazamento cara ás praias", segundo Xabier Alonso, quen explica que antigamente se facía na liña cinco dos tranvías, que remataba precisamente ata Bouzas, dende onde os bañistas facían o percorrido pola súa conta ata os diferentes areais. "Era un percorrido normal dos vigueses e as viguesas, que nós queremos recuperar pola súa beleza", subliñou o concelleiro de Deportes.
Os dous concelleiros salientaron o éxito das xornadas pasadas, que na súa anterior proposta polas mámoas de Candeán reuniu máis de cincocentas persoas. Indicaron, ademais, que o programa se manterá ao longo de toda a lexislatura e que o obxectivo é realizar un percorrido novo cada seis semanas. "Mesmo chegará un momento en que teremos que duplicalos, para que poida participar toda a cidadanía", matizou Xesús López.
Descargar todas as imaxes