O Goberno local instalará 50 pasos de peóns elevados na cidade, 30 "de forma inmediata"
En menos dun mes estarán listos catro, na avenida de Galicia, na rúa Coutada e dous na avenida de Europa, en Samil. Outros 27 poderán estar instalados no verán, previa licitación. Para garantir a seguridade, o Goberno local reforzará tamén a sinalización horizontal, establecerá sentidos únicos e instalará varandas de proteción para os peóns en determinadas rúas.
O Goberno local avanzou este mércores o terceiro bloque de medidas de tráfico e seguridade adoptadas tras os acontecementos de Jenaro de la Fuente. Tras a ruptura da chamada "onda verde" e o reforzo do servizo da Policía Local aprobado na Xunta Local do pasado luns, o goberno completa agora as actuacións co anuncio da instalación de medio centenar de pasos de peóns elevados nos puntos conflitivos da cidade, 30 deles "de forma inmediata", en verbas do alcalde de Vigo, Abel Caballero.
Os pasos seguen o modelo do presente na rúa Fragoso, e na decisión do número e localización dos mesmos participaron inspectores municipais e asociacións veciñais. Os catro primeiros estarán listos nun mes, ao non precisar licitación previa, e serán ubicados na Avda de Galicia 134, na rúa Coutada 42 (Beade) e dous na Avda de Samil, un a cada lado da Avda de Europa. Outros 27 serán licitados "de inmediato", co que poderán estar operativos no verán. O alcalde avanzou que se instalarán nas rúas Aragón, Coutada, Avda Galicia, Avda Samil, Bembrive, Atlántida, Marín, Vilagarcía de Arousa, Estrada, Guixar, Porriño, Tomás Paredes, Ramón Nieto, Martín Echegaray e dous na rúa Venezuela.
A localización dos restantes pasos elevados está prácticamente decidida: Avda Atlántida, Areal, Coruña, Florida, Vía Norte e a rúa Brasil acollerán un dos mesmos, xunto cos dous que se instalarán en Sanjurjo Badía e na Avenida de Castrelos, respectivamente. Abel Caballero salientou a actuación "decidida e contundente" do Goberno local para garantir a seguridade, e felicitou ao concelleiro de Tráfico e Seguridade, Xulio Calviño, polo seu labor á fronte da Concellería e lograr o desenvolvemento tan áxil destas medidas.
Outras medidas adoptadas polo Goberno local en favor da seguridade son o mantemento e a nova sinalización horizontal en 15 rúas da cidade (Brasil, Grove, Saiáns, Barcelona, Zaragoza, San Amaro, Martínez Garrido, Rosalía de Castro, Areal, Julián Estévez, Venezuela, Castrelos, Tomás Alonso, Camilo Veiga e a estrada provincial); a instalación, reparación e ampliación de varandas para protexer os peóns nas zonas de moito tráfico noutras 20 zonas da cidade; e o establecemento de sentidos únicos de circulación na rúa Bravo, na Salgueira, e en Santa Cristina e contorno, de conformidade coas asociacións veciñais. Ademais reforzarase a sinalización no Calvario.
O alcalde recordou que "Vigo é a primeira cidade de España que adopta estas medidas contra a condución temeraria", e que a cidade impulsou a iniciativa que vai permitir que Interior e os municipios españois adopten medidas coordinadas contra a condución temeraria, a través da FEMP. Na Comisión Estatal de Seguridade estará presente o Concello de Vigo, como impulsor da mesma.
Menos accidentes que o ano pasado
Na mesma comparecencia de prensa, o concelleiro de Tráfico e Mobilidade, Xulio Calviño, presentou a estatística comparativa de accidentes entre xaneiro de 2007 e 2008, que reflicte un descenso do número de sinistros, aínda que "é preciso continuar tomando medidas". O número de accidentes descendeu un 20,4%, un 24,6% os accidentes con vítimas e un 16,7% os que conlevaron danos. Tamén diminuíu a lesividade dos feridos graves e leves, nun 33,3% e un 12,8% respectivamente. O número de atropelos mantívose, aumentando os rexistrados en pasos de peóns e descendendo os acontecidos fóra dos mesmos.
Descargar todas as imaxes