Un convenio global coa Federación Veciñal recollerá as demandas sociais da veciñanza
O tenente de alcalde, Santiago Domínguez, anunciou este martes que proximamente asinará un convenio global coa Federación Veciñal "Eduardo Chao", no que se recollerán as demandas de carácter social presentadas polos propios veciños. Así o anunciou Domínguez tras a reunión que mantivo coa presidenta da Federación, Elena González, en dependencias da Tenencia de Alcaldía, encontro que ambos cualificaron como "moi agradable e cordial".
"Posto que as concellerías de carácter máis social están dirixidas por concelleiros do BNG, dende a Tenencia pensamos que é preferible asinar un convenio global que defina o proxecto social da cidade a longo prazo a que a Federación Veciñal teña que chamar á porta de cada concellería", explicou o tenente de alcalde, quen indicou que este colectivo deberá presentar un proxecto no que se contemplen as necesidades sociais da cidade, como as referidas á infancia, á xuventude, aos maiores, ás persoas dependentes e á cultura, entre outras.
"É moi importante asinar un convenio de cara aos próximos anos onde se definan as necesidades e as actuacións correspondentes que se van desenvolver", salientou Santiago Domíguez. O tenente de alcalde inaugurará a Xornada do Movemento Veciñal que se celebrará o vindeiro 16 de febreiro na Escola Oficial de Idiomas, "xa que é moi importante contar coa representación do Concello", indicou Elena González.
Nas súas declaracións, Santiago Domínguez salientou que o encontro se desenvolveu dende o máis "absoluto respeto" á Federación de Veciños. A presidenta desta entidade salientou que a xuntanza foi solicitada á Tenencia de Alcaldía a principios de ano co obxectivo de manter as relacións entre ambas as institucións.
Descargar todas as imaxes