Benestar Social pon en marcha a campaña "Novos anos, novos retos" para divulgar as actuacións do Plan Local de Drogodependencias
A concelleira de Benestar Social, María Méndez, anunciou este venres a posta en marcha da campaña "Novos anos, novos retos", que ten como obxectivo dar a coñecer as actividades que se levan a cabo no marco do Plan Local de Drogodependencias e outras Adiccións (PLDA), con motivo do seu décimo aniversario.
Na súa intervención, realizada tras a reunión que mantivo cos integrantes do PLDA, María Méndez subliñou ademais o esforzo de coordinación que se está a levar a cabo dende a oficina do Plan Local para "chegar a todos os sectores da sociedade". Neste sentido, a concelleira fixo referencia aos convenios e ás colaboracións que se están asinando coas diversas entidades.
"É preciso sensibilizar a sociedade sobre o traballo desenvolvido polas diversas entidades que integran o PLDA e o Concello", salientou María Méndez, quen na presentación da campaña estivo acompañada por Fran Otero, director de Cedro e responsable do plan municipal. Así mesmo subliñou que dende a posta en marcha do PDLA, froito das primeiras xornadas municipais sobre drogodependencias, acadouse unha "forte mellora na capacidade de intervención, así como de coordinación, que tivo como consecuencia un incremento da eficiencia na prevención".
Por outra banda, María Méndez explicou que a campaña que se desenvolverá ao longo deste ano 2008 incidirá na prevención, na asistencia, na incorporación e na organización. En canto á prevención, incorporaranse as propostas presentadas no estudo epidemiolóxico correspondente aos anos 2005-2007, que, por exemplo, poñen de manifesto a recesión da dependencia da heroína.
No tocante á asistencia, poranse en macha novos equipos asistenciais, moitos deles a través da sinatura de convenios coas distintas entidades que forman parte do PDLA. Ao respecto, María Méndez sinalou que con Érguete xa está asinado o convenio para levar a cabo unha campaña de prevención nos colexios. Con Madro, o convenio que se asinará próximamente servirá para pór en marcha un piso de axuda. A través do convenio que se asinará con Sereos incrementarase o programa calor-café e porase en macha un piso para a inclusión social. O convenio que se asinará con Alborada servirá para levar a cabo un proxecto de prevención do consumo de alcohol na xuventude. O convenio que se asinará con Médicos do Mundo destinarase á inserción de persoas drogodependentes. E a colaboración que se desenvolverá con Asvidal servirá para levar adiante unha campaña de prevención do alcoholismo.
Deste xeito, preténdese "coordinar a actividade de todas as entidades, sumar esforzos e chegar a todos os sectores da sociedade", segundo afirmou a concelleira.
Descargar todas as imaxes