Inaugúrase Verbum-Casa das Palabras
O alcalde, Lois Castrillo, e o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inauguran as instalacións do novo centro museístico sobre a comunicación humana.
O alcalde, Lois Castrillo, e o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inauguran as instalacións do novo centro museístico sobre a comunicación humana.
As Concellerías de Montes, Parques e Xardíns e dos Servicios Electromecánicos realizan as obras de acondicionamento da fonte da praza de América.
Este programa da Concellería de Medio Ambiente ten como obxectivo a interpretación da natureza e etnografía do Concello de Vigo, por medio de rutas guiadas como ferramenta de comunicación para transmitir unha mensaxe positiva e efectiva con relación a este patrimonio. A cita será o sábado 26 de abril na praza de América, para coñecer a necrópole megalítica do monte da Madroa na que se teñen instalado paneis e sinais no entorno do Parque das Ciencias Naturais e a Torre dos Mouros.
O alcalde e a concelleira da Muller presidirán o descubrimento da placa conmemorativa a Olimpia Valencia, primeira muller licenciada en Medicina en Galicia, na rúa do Príncipe nº 11, no inmoble que albergou a primeira consulta da doutora.
O alcalde, Lois Castrillo, e a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, inauguran o sábado 26 de abril un auditorio que que permitirá a organización de actos culturais na parroquia de san Miguel de Oia.
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu os representantes dos sindicatos quen lle expuxeron os actos previstos para a celebración conxunta do Primeiro de maio en Vigo.
A sesión, de carácter ordinario, comezará ás 9 de mañá no salón de plenos e nela trataranse un total de 21 asuntos.
A Comisión de Goberbo reunirase a continuación da sesión plenaria. Na xuntanza tratarán un total de 30 asuntos.