Escoitar

O luns remata o prazo para o concurso de carteis das Festas do Cristo

O primeiro premio terá unha dotación de 2.400 euros, e concédense dous accésits de 450 euros. <br />

xoves, 24 abr 2003
O vindeiro luns, 28 de abril, remata o prazo de presentación de orixinais para o VII Concurso de carteis das Festas do Cristo, de Vigo, que organiza a Concellería de Festas e Animación Sociocultural do Concello de Vigo.

Os traballos que concurran ó concurso deben ser inéditos e realizaranse verticalmente, podendo utilizarse calquera técnica que permita unha normal reproducción fotomecánica.

O xurado decidirá entre os traballos presentados o gañador, que recibirá un premio de 2.400 euros, e será ese orixinal o que se utilice para a elaboración do cartel das Festas do Verán. Concederanse tamén dous accésits, dotados con 450 euros cada un deles.

Os orixinais teñen que incluír necesariamente o logotipo e anagrama oficial da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, así como textos alusivos ás FESTAS DO CRISTO DA VICTORIA 2003; VIGO e XULLO E AGOSTO.

As bases do concurso atópanse a disposición do público no Rexistro Xeral do Concello, na propia Concellería de Festas e noutras dependencias culturais (Biblioteca, Casa Galega da Cultura, Museo de Castrelos, Casa da Xuventude…).

Os carteis serán presentados sen sinatura do autor-a e baixo un lema, que estará escrito no dorso do cartel, acompañados dun sobre pechado no que se incluirán os datos do concursante.