Escoitar

Programa do acto do inauguración de Verbum Casa das Palabras

O "comité de expertos" do Verbum Casa das Palabras celebrará a súa primeira reunión o venres 25 a partir das 10:00 na sede do museo en Samil. O comité está formado por Francisco Fernández del Riego, Víctor Fernández Freixanes, Manuel Toharia Cortés, Rosa Regás Pagés, Xosé Cermeño Baraja e Carlos Luis Rodríguez. O comité ten como finalidade asistir ó principio do museo sobre a comunicación humana.

mércores, 23 abr 2003
Ás 12:00 do 25 de abril terá lugar a presentación do Verbum ós medios de comunicación. A rolda de prensa estará a cargo do alcale Lois Castrillo e o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe.

A inauguración oficial será a partir das oito da tarde coa chegada do público e a presentación informal do contido dos cubos por parte dos 29 animadores uniformados que representarán as letras do alfabeto. A continuación no vestíbulo do museo pronunciaranse os discursos por parte do 1º tenente de alcalde e concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, e do alcalde Lois Pérez Castrillo.

A continuación o programa terá o seguinte itinerario:
20,30 horas: Salón de actos
Acción teatral (performance) con escenografía e efectos especiais titulada "O discurso das palabras" representada polo grupo Máscara Produccións.

20,45 horas: Salón de actos
Fin da obra de teatro.

20,45 horas: Salón de actos
Representación da obra de danza contemporánea titulada "Chuvia de letras" a cargo do grupo Dobre Xiro.

20,55 horas: Vestíbulo
Fin da representación.

21,00 horas: Planta baixa e primeira.
Visita libre a exposición permanente e á temporal.

21,15 horas: Vestíbulo e cafetería
Cóctel.

Interacción dos 29 animadores co público que levarán ós convidados a firmar con rotuladores sobre a palabra VERBUM en branco construida con 6 letras xigantes.

Actuación entre o público dunha parella de mimos cun guión sobre a comunicación humana titulado "Comunicando" polo grupo NI FÚ NI FÁ.