xoves, 24 abril 2003

Inaugúranse as Xornadas de Urbanismo

Castrillo abriu as xornadas sobre "Desenvolvemento urbano sostible na Unión Europea" que reúnen a destacados especialistas para achegar novas tendencias normativas que compatibilicen a protección do medio ambiente co crecemento urbanístico.

Saramago formará parte do comité de expertos do Verbum

xoves, 24 abr 2003

O concelleiro de Cultura subliñou o compromiso do Nobel de Literatura José Saramago de formar parte do comité de expertos do museo. Xunto a Saramago, figuran como asesores de Verbum os escritores Francisco Fernández del Riego, Víctor Freixanes e Rosa Regás, mailos xornalistas Manuel Toharia, Xosé Cermeño e Carlos Luis Rodríguez.

Baile español e tendencias contemporáneas na celebración do Día Internacional da Danza

xoves, 24 abr 2003

As actuacións do Ballet Español de Murcia e da Bojnami Danza conmemoran, por primeira vez na cidade, o Día Internacional da Danza. Unha mesa redonda completa o programa de actos, organizados polo Concello en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Danza, o 29 e 30 de abril no Auditorio Municipal. O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou a iniciativa como un primeiro paso cara á integración da danza na oferta cultural de calidade en Vigo.

Concerto didáctico da Escola Municipal de Música <br />

xoves, 24 abr 2003

A "Obertura da Frauta Encantada", de Mozart, e "O Carnaval dos Animais", de Saint-Säens, constitúen o programa do concerto didáctico que a Escola Municipal de Música ofrecerá no auditorio do Concello o vindeiro 26 de abril, a partir das 12:00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.