Continúa en aumento o número de usuarios do autobús urbano
O número de usuarios do transporte público de Vigo continúa aumentando paulatinamente. Nos últimos doce meses a cifra de viaxeiros do autobús urbano foi de 19.676.918.
Durante o pasado mes de marzo empregaron o transporte público 156.000 persoas máis ca no mesmo mes do ano anterior. En opinión do concelleiro de Tráfico e Transportes, Xoaquín de Acosta, a tendencia de incremento de usuarios é o resultado das sucesivas melloras introducidas no servicio e da consolidación das novas liñas implantadas.
A liña do autobús urbano máis utilizada segue a ser a C-3, que transportou o mes pasado 319.000 persoas. A seguinte liña en número de viaxeiros é a C-4, con 203.000. É salientable tamén o aumento de pasaxeiros que están a experimentar a C-15, 167 mil, e as lanzadeiras ao campus universitario, que en marzo trasladaron 85.000 estudiantes.
É salientable tamén o continuo crecemento do número de tarxetas verdes expedidas. A 31 de marzo estaban en circulación 115.700 unidades destas tarxetas que permiten rebaixas no prezo da viaxe e que ademais poden ser empregadas como billete de transferencia.