Escoitar

O alcalde inaugura o local que a Federación de Peñas demandaba desde hai unha década

O alcalde, Lois Castrillo, e a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro, inauguraron o novo local destinado á sede da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", situado na praza de Galegos Ilustres.

mércores, 23 abr 2003
1051101135olivo1.jpg
Descubrimento da placa
Castrillo sinalou que tan importante é a cultura de elite como a de base, como a promovida por esta federación, que crea entramados sociais que lle confiren forza á cidade de Vigo, integrada por xente solidaria, unida e teimosa que consegue tirar para adiante e organiza as celebracións de entroido e cabalgatas de Reis, ademais de colaborar no desenvolvemento de diversos programas municipais.

Mariló Cabaleiro amosouse satisfeita porque esta federación practica continuamente o bo facer e loitou con bo talante por conseguir estas instalacións. "Este local dáse con todo o recoñecemento á boa xente para facer actos solidarios a modo de voluntariado social".

O sábado 23 de abril celebrarase unha xornada de portas abertas para que todos os asociados poidan coñecer as novas instalacións adaptadas ás necesidades das actividades que organizan.

O local conta cunha zona de acceso, zona de oficinas e despachos, unha zona para a vocalía da muller, servicios hixiénicos, almacéns e un salón de actos subdivisible mediante particións móbiles pequenas en función das actividades que se precisen desenvolver, de forma que se poden ter dúas salas grandes, unha grande e dúas pequenas ou catro salas pequenas, todas elas con accesos independentes.

A execución das obras de acondicionamento correspondéronlle ao Concello de Vigo e foron adxudicadas a Seromar S.A., cun orzamento total de 96.130 euros, conforme ao proxecto básico e de execución redactado pola Oficina de Obras e Proxectos Municipais da Xerencia de Urbanismo.

Situado na praza de Galegos Ilustres, na entreplanta e planta baixa do edificio nº 5 da rúa Otero Pedrayo, o local conta cunha superficie total de 262,5 m2, onde se desenvolverán as actividades desta federación, con espacios flexibles de forma que se poidan compatibilizar diversos usos. Está en marcha no presente ano a contratación do subministro do mobiliario do centro por importe de 21.000 euros con cargo aos presupostos do Concello.

A Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" atópase inscrita no rexistro de entidades do Concello de Vigo dende o ano 1990 co número 193 e conta cun orzamento para o presente ano por importe de 174.943,49 euros. Esta entidade agrupa a 37 peñas asociadas o que supón un total de 1.784 persoas coas correspondentes unidades familiares como beneficiarias, mais unha vocalía da muller que agrupa a 62 persoas e distintos equipos deportivos que agrupa a 72 persoas.
1051101135olivo1.jpg
1051101219olivo2.jpg
1051101252olivo3.jpg
1051101312olivo4.jpg
1051101367olivo5.jpg
1051101443olivo6.jpg
Descargar todas as imaxes