Escoitar

A Federación de Peñas Recreativas "El Olivo" disporá dun novo local social

O alcalde, Lois Castrillo, e a concelleira de Participación Cidadá, Mariló Cabaleiro inaugurarán o mércores 23 de abril o local destinado á sede da Federación de Peñas Recreativas "El Olivo", derivado da materialización dunha cesión realizada ao Concello de Vigo pola entidade Seromar S.A.

martes, 22 abr 2003
Situado na praza de Galegos Ilustres, na entreplanta e planta baixa do edificio nº 5 da rúa Otero Pedrayo, o local conta cunha superficie total de 262,5 m2, onde se desenvolverán as actividades desta federación, con espacios flexibles de forma que se poidan compatibilizar diversos usos.

O local conta cunha zona de acceso, zona de oficinas e despachos, unha zona para a vocalía da muller, servicios hixiénicos, almacéns e un salón de actos subdivisible mediante particións móbiles pequenas en función das actividades que se precisen desenvolver, de forma que se poden ter dúas salas grandes, unha grande e dúas pequenas ou catro salas pequenas, todas elas con accesos independentes.

A execución das obras de acondicionamento correspondéronlle ao Concello de Vigo e foron adxudicadas a Seromar S.A., cun orzamento total de 96.130 euros, conforme ao proxecto básico e de execución redactado pola Oficina de Obras e Proxectos Municipais da Xerencia de Urbanismo. Está en marcha no presente ano a contratación do subministro do mobiliario do centro por importe de 21.000 euros con cargo aos presupostos do Concello.