luns, 21 abr 2003
Case 3.000 mozos participaron no proceso de debate "Vigo 20" que analizou as políticas de xuventude co fin de establecer prioridades e liñas de futuro para levar á práctica desde o Concello e a Universidade.
luns, 21 abr 2003
Máis de 200 mulleres asistiron á sesión informativa que a Concellería de Desenvolvemento Local e Emprego desenvolveu no auditorio municipal, co obxecto de explicar o contido do proxecto "Abeiro" de cara á captación e selección das beneficiarias deste programa europeo de formación e inserción laboral. No transcurso da sesión, que comezou co saúdo e a introducción do concelleiro Delfín Fernández Álvarez, a directora do "Abeiro" e o xefe do Servicio de Desenvolvemento Local e Emprego informaron das características do proxecto e do perfil requirido das participantes.
luns, 21 abr 2003
A concelleira da Muller, Ana Gandón, e a directora da revista "A Festa da Palabra", María Xosé Queizán, presentaron un certame de investigación sobre as operarias de "La Artística" de Vigo, dotado con 4.200 euros e maila publicación do estudio.