Coa próxima instalación do alumeado porase en funcionamento a fonte da praza de América
As Concellerías de Montes, Parques e Xardíns e dos Servicios Electromecánicos realizan as obras de acondicionamento da fonte da praza de América.
O Concello traballa nestes momentos na instalación do alumeado da fonte, no arranxo dos desaugadoiros das xardineiras e na colocación do sistema de rego para as plantacións, co fin de volver a poñer en marcha proximamente esta emblemática fonte.
Dende hai un tempo, a fonte da praza de América presentaba varias deficiencias. Unha compactación inadecuada das dúas superficies nas que se asenta, provocou un desnivel de 18,5 cm no lado máis desfavorable entre as avenidas de Castrelos e do Fragoso.
Outra incidencia que repercutiu de forma negativa foi unha fuga no saneamento de Gran Vía á rúa Coruña que escarvou no baixo da fonte.
Finalmente o caixón de formigón ten 60 cm. de xabre para absorber as vibracións e está dividido en oito partes, das que unha tiña fisuras polas que discorría a auga.
O primeiro paso do acondicionamento da fonte foi a da nivelación das pedras da base e a impermeabilización do vaso e do rebosadoiro. Estas impermeabilizacións son necesarias para evitar que caia auga ao túnel.
No anel exterior da fonte fixéronse tres xardineiras que se sitúan enfronte da rúa Coruña, Gran Vía e avenida da Florida.
Substituíronse os filtros de ferro por outros de aceiro inoxidable e arranxouse a motobomba que xa foi colocada.
O acondicionamento da fonte da praza de América estase levando a cabo entre as Concellerías de Montes, Parques e Xardíns e os Servicios Electromecánicos e ten un custo total de 87.000 euros.