Descubrimento dunha placa conmemorativa a Olimpia Valencia
O alcalde e a concelleira da Muller presidirán o descubrimento da placa conmemorativa a Olimpia Valencia, primeira muller licenciada en Medicina en Galicia, na rúa do Príncipe nº 11, no inmoble que albergou a primeira consulta da doutora.
Olimpia Valencia foi a primeira médica de Galicia, inaugurando inaugura a súa consulta na rúa do Príncipe no 1928. Nada en Baltar en 1889 trasládase a vivir a Vigo ós 12 anos onde cursa Maxisterio e prepárase para o acceso á Universidade na Academia Minerva.
Estudia medicina en Santiago no 1919 e no 1925 convértese na primeira médica de Galicia, especializándose en Xinecoloxía e doutorándose posteriormente en Madrid coa tese "Varificacións da colesterina en relacións coas anestesias cirúrxicas". Na súa estadía na capital vive na Residencia de Estudiantes, dirixida por María de Maeztu, relacionándose coa "Institución Libre de Enseñanza".
Durante a Segunda República, Olimpia Valencia participa, no 1931, no chamamento ao apoio para os candidatos galeguistas da provincia de Pontevedra mentres ca no 1936 pide o voto a prol do si no plebiscito do Estatuto Galego. Isto, sumado á súa amizade con galeguistas e xente de esquerdas maila súa intervención na homenaxe a Antón Villar Ponte, provoca a súa detención e encarceramento na Guerra Civil.
Sinalada como "roja" ha vencer non poucas reticencias das pacientes. Na década dos anos 40 consegue ingresar na Seguridade Social, exercendo a medicina ata moi maior, sempre cunha actitude progresista e de axuda ás mulleres.
Foi cofundadora da Academia "Médico Cirúrxica" e da Alianza Francesa. No 1998 o Concello de Vigo dedicoulle unha rúa á proposta de Mulleres Nacionalistas.