Escoitar

A corporación municipal celebra Pleno o vindeiro luns

A sesión, de carácter ordinario, comezará ás 9 de mañá no salón de plenos e nela trataranse un total de 21 asuntos.

venres, 25 abr 2003
1.- Actas anteriores. (ses. Ord. 27.01.03)

2.- Modificación de crédito nº 15/2003 (suplemento de crédito), para a amortización anticipada de operacións de crédito.

3.- Execución orzamentaria – 1º trimestre.

4.- Dar conta da convalidación de gasto a favor da empresa Francisco Cardama, S.A. por importe de 3.172,66 €, expediente 1384/405.

5.- Dar conta do recoñecemento extraxudicial de crédrito a favor de Tasoga, S.L., por importe de 27.886,96 € para sufragar os gastos da II Feira da Infancia e Xuventude realizada do 26 ó 29 de decembro de 2002, expte. 773/336/03.

6.- Cesión terreos e instalacións do recinto feiral de Cotogrande.

7.- Rectificación inventario municipal de viais dentro do PERI CARBALLA.

8.- Proposta de de modificación denominación organismo autónomo municipal VIGO-ZOO.

9.- Modificación no convenio colectivo para o persoal laboral temporal nos programas de fondo de emprego.

10.- Expedientes de convalidación de gasto e retención de crédito de Tráfico, Seguridade e Transporte.

11.- Prórroga convenio Concello-Vitrasa.

12.- Adxudicación concurso contratación servicio de instalacións, regulación, control e información de trafico.

13.- Incoación expediente recuperación posesoria dunha propiedade municipal.

14.- Modificación Estatutos Fundación Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo.

15.- Proposta adxudicación cafetería-restaurante na Casa das Palabras.

16.- Recursos de reposición contra convenio Concello-Zona Franca interpostos por: Parking Rosalía de Castral, S.L., Inversiones Vigo, S.A. e Aparcamento Genaro de la Fuente, S.L.

17.- Permuta de terreos sitos no Polígono 1 do PERI A BOUZA SUR, propiedade de Miraflores Vigo, S.A. por fincas do patrimonio municipal do solo.

18.- Aprobación definitiva da modificación puntual do cuarteirón nº 45 do PEEC.

19.- Designación de tres representantes da Corporación na Comisión de Valoración do Concurso de Traslados Ano 2002.

20.- Mocións:

a)Moción do Grupo Mixto Municipal sobre o mantemento do alumeado público.
b)Moción do Grupo Municipal Socialista sobre darlle o nome de Mercedes Ruibal a unha rúa ou praza da cidade.
c)Moción do Primeiro Tenente de Alcalde sobre a adhesión do Concello á Fundación Reveriano Soutullo Otero.
d)Moción do Grupo Municipal Popular sobre o saneamento en Baixada a Ríos (Brea).

21.- Rogos e preguntas.