Escoitar

Inaugúrase Verbum-Casa das Palabras

O alcalde, Lois Castrillo, e o concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, inauguran as instalacións do novo centro museístico sobre a comunicación humana.

venres, 25 abr 2003
1051273143museo1.JPG
Verbum-Casa das Palabras
Lois Castrillo, afirmou que agora Vigo conta cunha nova dotación cultural, a terceira que se abre nos últimos anos, ademais doutras dúas de Caixa Galicia e de Caixanova. Sinalou que Vigo dispón de suficientes espacios para albergar a súa potencia cultural e, coa apertura de Verbum, reforza a capacidade de atracción como cidade de cultura.

O alcalde asegurou que este novo centro interactivo, xunto co Museo do Mar, o xacemento arqueolóxico de Mirambel, o futuro Pazo de Congresos e o complexo cultural, de ocio e social que se realizará nos terreos da Etea, conectados todos eles por paseos marítimos, se recuperará e porá en valor o litoral vigués.

Príncipe dixo que os visitantes que acudan ao museo van disfrutar e aprender. Sinalou tamén que esta nova infraestructura cultural sitúa a Vigo no circuíto de cidades europeas que dispoñen de museos interactivos.

Coa inauguración de Verbum, tras quince meses de construcción, os vigueses
cumpren o soño de facer de Vigo un referente cultural, afirmou o concelleiro.

O deseño expositivo de Verbum organízase en 29 cubos, que conteñen un total de 81 módulos (unidades informativas) nos que se desenvolven as diferentes temáticas das que trata o museo.

O edificio foi proxectado polo arquitecto galego César Portela e executado pola constructora Necso. Cun orzamento de 9.349.728 euros, foi cofinanciado ó 70 por cento pola Unión Europea, con cargo ó Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, Feder. O inmoble estructúrase en catro andares (semisoto, planta baixa, planta superior e cuberta) unificadas por unha caixa de luz que as atravesa e as relaciona na que se estructuran as comunicacións verticais (escaleiras e elevadores).

A superficie total construída é de máis de 5.000 m2, ubicados nunha parcela de máis de 13.000 fronte á praia de Samil, zona de lecer da cidade de Vigo que dispón dun amplo paseo marítimo ademais de zonas verdes, instalacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostelería e aparcamentos.

Á parte dos elementos expositivos, o inmoble conta con servicios adicionais como son consigna, cafetería, tenda, sala de exposicións temporais e salón de actos. A oferta permanente de Verbum ampliarase coa programación de actividades complementarias.

Verbum abre as portas con dúas exposicións temporais, "Noticias" e "Vigo, capital editorial".
1051273143museo1.JPG
1051273252Verbum2.jpg
Descargar todas as imaxes