luns, 21 abr 2003
A Comisión de Goberno aprobou o proxecto de humanización da rúa Camilo Veiga, no barrio de Bouzas. O propósito desta actuación é a de renovar e ampliar as beirarrúas creando máis espacio peonal. O presuposto consignado para a obra é de 130.200 euros.
mércores, 16 abr 2003
O luns, día 21, celebranse as Comisións Informativas de Réximen Interior ás 11.45 e da Economía, ás 10.45 horas.
luns, 14 abr 2003
A Comisión de Goberno aprobou as bases dunha nova convocatoria de axudas para a instalación de sistemas de seguridade nos taxis. Como en anos anteriores, poderán solicitar estas subvencións os titulares de licencias de autotaxi de Vigo que instalen no seu vehículo algún dos sistemas homologados (mamparas de protección, localizadores GPS)
venres, 11 abr 2003
O luns, día 14,terá lugar a reunión da Comisión de Goberno do Concello, a partir das nove da mañá.
luns, 24 mar 2003
A Comisión de Goberno aprobou a semaforización de varios cruces de rúas de Vigo co obxectivo de mellorar a seguridade viaria, especificamente a dos peóns.