Urbanismo
O Concello aproba o convenio con ADIF e Xunta para a estación do AVE de Vigo
martes, 21 nov 2017O acordo supón un investimento de 10,7 millóns de euros, dos que o goberno municipal achega o 22%, 2,3 millóns de euros, ADIF o 62% e a Xunta o 16%. A previsión é comezar as obras o vindeiro ano ao mesmo tempo que as do centro comercial deseñado por Thom Mayne.
O Concello subastará soares e edificios abandonados ou ruinosos para "axilizar" a súa recuperación
martes, 21 nov 2017Caballero informou que o goberno de Vigo elevará a consulta pública a ordenanza reguladora de edificación forzosa e rexistro municipal de soares, norma coa que o Concello elaborará un rexistro de soares e edificacións abandonadas ou en ruinas que, no prazo dun ano, sairán a subasta pública. O alcalde valora esta medida "positiva" para "axilizar" a recuperación destes espazos.
O alcalde anuncia o desbloqueo dunha parte "importantísma" do urbanismo coa aplicación da Lei 2/2017
luns, 13 nov 2017O rexedor avanzou esta mañá o desbloqueo "pola vía dos feitos" dunha parte moi importante do urbanismo da cidade, acolléndose á tramitación da Lei 2/2017. Concretamente, solicitarase a recuperación da ordenación do Plan do 2008 para os ámbito terciario de Recaré, así como para todo o solo urbano consolidado ademais de para ámbitos do Porto de Vigo, de Canido e do aeroporto e para solos urbanos non consolidados que están en avanzado estado de desenvolvemento como é o caso de Esturáns ou Tomás Paredes.
O goberno municipal inicia o expediente para a construción da estación do AVE de Urzáiz
martes, 7 nov 2017O alcalde expresou a "enorme satisfacción" que supón o desbloqueo dun "dos grandes proxectos da cidade" que inclúe un investimento de 10,7 millóns de euros, dos que o Concello achega un 22%.
O Concello outorga licencia de primeira ocupación para o centro comercial de Pizarro
venres, 3 nov 2017O novo espazo de tres plantas abrangue case 17.000 metros cadrados. A Xunta de Goberno Local aprobou tamén a prórroga dun ano do contrato de CEDRO por 700.000 euros, 65.000 euros para a creación de empresas e axudas a 20 deportistas de alto nivel.
O Concello esixe á Xunta asinar o convenio para financiar a redacción do novo Plan Xeral
xoves, 19 out 2017Segundo revelou Abel Caballero, a unanimidade dos grupos políticos municipais aprobou este xoves -a iniciativa do goberno vigués- esixir á Xunta de Galicia a resposta "inmediata" e conformidade coa solicitud do Concello para a sinatura do convenio que financie a continuidade nos traballos de redacción do Plan Xeral.<br />
O goberno local ordena o cese da actividade da empresa de depósito de contedores de Guixar
mércores, 18 out 2017O Concello vén de decretar a prohibición dos traballos na parcela situada na Avenida de Guixar 12 que contaba cunha comunicación previa de actividade. A empresa Transportes Crespo e Cousido ten 48 horas de prazo para cumprir a orde. <br />