xoves, 1 feb 2024
Abel Caballero recibiu na Alcaldía aos novos xefes da Policía Nacional. O alcalde e os comisarios mantiveron unha xuntanza cordial na que abordaron distintas cuestións relativas á seguridade na cidade. Deste xeito, José Antonio Tendero ocupa o cargo de xefe de Operacións, Alejandro Pedro Arnay é o xefe da Brigada Local da Policía Xudicial e Manuel Díaz-Faes como novo xefe da Brigada Local de Seguridade Cidadá. Na xuntanza tamén estivo presente a concelleira de Seguridade, Patricia Rodríguez Calviño.
venres, 19 xan 2024
A Xunta de Goberno Local deu luz verde ás bases xerais e específicas reguladoras da convocatoria dos procesos selectivos de 2020 a 2022 coas que se cubrirán 214 prazas vacantes.
xoves, 18 xan 2024
Abel Caballero entregou as divisas aos 18 homes e 3 mulleres que toman posesión como funcionarios de carreira logo de finalizar o período de prácticas de xeito satisfactorio e despois de ter aprobada a oposición.
venres, 12 xan 2024
“É a nosa homenaxe á celebración de 200 anos de existencia da Policía Nacional, unha institución imprescindible na cidade”, apuntou o rexedor. Desde este venres, 12 de xaneiro, e ata o domingo día 14, as fontes de Aragón tinguiranse de azul para conmemorar este aniversario. Amais, a pantalla situada no farol de Urzáiz, empregada con motivo do Nadal, estará proxectando o emblema da Policía Nacional ata que se apague porque “queremos que estea alí, no corazón da cidade. É o noso recoñecemento polos douscentos anos e o seu extraordinario traballo en Vigo”.
martes, 19 dec 2023
O Ministerio de Economía, Comercio e Empresa recoñeceu o traballo do Concello polas actuacións de renovación urbana comercial. O alcalde amosou a súa satisfacción pola Mención Honorífica por parte do Goberno de España pola potenciación do comercio e mercados “coa atracción de millóns de visitantes durante o Nadal”. Con motivo destas festas, o goberno local vén de aprobar a ampliación do horario comercial nos servizos de restauración, hostalería e ocio a madrugada do 1 e 6 de xaneiro.
mércores, 28 xuñ 2023
Abel Caballero mantivo un encontro este mércores cos 21 novos axentes que se incorporan á Policía Local no seu período de práctica profesional. O rexedor trasladoulles o seu “apoio e confianza no papel de acción e formación” que van desenvolver e recoñeceu a complexidade do seu traballo, unha tarefa que valora a cidadanía, sinalou, e que contribúe á “vertebración e cohesión de Vigo. Ides facer unha tarefa moi importante”.
venres, 28 abr 2023
Abel Caballero participou este venres na apertura das II Xornadas Saudepol de promoción da saúde mental e de prevención do suicidios entre os integrantes das Forzas e Corpos de Seguridade e Emerxencias, que se celebran na Comisaría de Vigo-Redondela. Na súa intervención, o rexedor abordou a necesidade de aprender a “compartir a carga de tensión” asociada á responsabilidade do labor que desenvolven os axentes especialmente nos momentos complexos.
venres, 24 mar 2023
Abel Caballero recibiu este venres a cinco axentes que veñen de desenvolver unha actuación policial con perigo para a súa integridade física ao tratarse dunha tentativa de homicidio na que detiveron a catro persoas e na que se interviñeron drogas e atoparon unha gran cantidade de obxectos nunha vivenda, posiblemente subtraídos. O rexedor agradeceu o labor da Policía Local e puxo en valor a profesionalidade e rapidez dos axentes na súa intervención.
luns, 13 mar 2023
Concello e Subdelegación do Goberno subscribiron de novo o protocolo de colaboración entre a Policía Nacional e a Policía Local no marco do programa de Seguimento Integral das Vítimas de Violencia de Género. Unha vez máis, o alcalde avogou por seguir coa “total cooperación” entre estes corpos de seguridade, “somos un referente que se usa de exemplo en moitos puntos de España”.
xoves, 9 mar 2023
Dez novos oficiais de Policía Local súmanse aos 46 axentes que tomaron posesión esta mesma semana. Con esta incorporación, xa son 335 axentes os que forman parte do cadro de persoal.