O Concello celebra en Barreiro o Día das Zonas Húmidas
martes, 4 feb 2025O alumnado do Ceip Fonte Escura achegouse este martes á zona húmida de Barreiro para coñecer o seu valor ambiental e a importancia que ten para preservar a biodiversidade.
O alumnado do Ceip Fonte Escura achegouse este martes á zona húmida de Barreiro para coñecer o seu valor ambiental e a importancia que ten para preservar a biodiversidade.
Abel Caballero deu conta esta mañá de que a cidade volveu conseguir o recoñecemento dos cinco sendeiros azuis aos que aspiraba. O Concello solicitou tamén este recoñecemento medioambiental para trece areais.
O goberno local destinará 850.000 euros anuais para asegurar as mellores condicións de baño nas praias de Vigo. O próximo verán este servizo estenderase a 13 praias entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.
O alcalde avanzou hoxe mércores que o Concello optará este ano a un recoñecemento máis para as praias viguesas: a Bandeira Azul para o areal O Mende en Teis e repite a candidatura para os 5 sendeiros azuis da cidade.
O Concello restaurou 1.000 metros da praia de Baluarte en Coruxo para frear a constante perda de area, segundo anunciou este xoves Abel Caballero, incidindo en que a intervención sobre a superficie areosa se realizou con medidas de baixo impacto ambiental.
Abel Caballero asegurou este mércores que “as Illas Cíes van ser Xeopoarque da UNESCO e, despois, Patrimonio da Humanidade”, ao presentar a exposición itinerante que se estenderá ao longo de 2025 aos colexios da cidade co obxectivo de difundir de modo innovador o valor xeolóxico e o patrimonio natural do arquipélago.
Abel Caballero participou este mércores na inauguración dos primeiros 500 metros da nova Avenida de Samil humanizada, con reorganización de espazos para peóns e vehículos. “Mellor Samil e máis Samil”, declarou. O Concello investiu 1.800.000 euros na remodelación da primeira fase da Avenida de Samil. A obra vén acompañada da rexeneración dunar na praia que está a acometer o Goberno de España na parte litoral.
Abel Caballero anunciou que o Concello sumará case 5.000 metros cadrados para áreas de lecer canino en Navia, Faisán, Barreiro, Pizarro, A Bouza, Atalaia, María Xosé Queizán, Castelao e no Calvario. O investimento previsto é de 628.700 euros.
Abel Caballero anunciou o inicio, este martes, das obras de construción do cemiterio ecolóxico en Pereiró. Cun investimento de 136.517 euros, o proxecto articúlase ao redor de tres espazos: unha área de cerimonia para as despedidas e outras dúas destinadas ao enterramento das urnas ecolóxicas-biodegradables ao pé de arbustos de buxo e para esparexer de forma controlada as cinzas.
O alcalde informou este martes da execución de varias obras de acondicionamento da contorna da capela do cemiterio municipal que estarán rematadas antes de que finalice o ano.