Exposición sobre o descontrol do comercio de armas

xoves, 9 mar 2006

"Plantémoslle cara ás armas" é unha exposición que se pode ver no Verbum ata o día 21 de marzo que está a percorrer distintas cidades españolas dentro de campaña mundial "Armas baixo Control" organiza por Intermón Oxfam, Amnistía Internacional e a Rede Internacional de Acción contra as Armas Lixeira para conseguir un Tratado Internacional sobre o Comercio de Armas.

Ciclo de cine canadiano

mércores, 8 mar 2006

O auditorio municipal proxectará dúas películas incluídas como actividades lúdicas no Congreso Internacional "Canadá e a Unión Europeo, unidos polo mar: a xestión dos océanos no século XXI". As cintas son "Wilby Wonderful" e "La Gran seducción" e se pasarán o xoves e o venres , respectivamente, ás 20.30 horas, con entrada de balde.

Peche temporal do Pazo-Museo "Quiñones de León"

venres, 24 feb 2006

Por mor da realización dun estudo técnico da capacidade portante da estructura do Pazo-Museo "Quiñones de León" permanecerá pechado ao público entre o próximo luns, día 27 de febreiro, e o día 14 de marzo (inclusives).

Teatro e danza alternativos en Vigo do 8 ao 18 de marzo

xoves, 23 feb 2006

Vigo acollerá do 8 ao 18 de marzo o seu Festival Alternativo de Teatro e Danza, que este ano chega á súa quinta edición baixo a denominación ALT’06. Con esta aposta polas creacións artísticas máis actuais e vangardistas, a Concellaría de Cultura completa unha programación estable de artes escénicas ao longo de todo o ano.

Presentación do libro "Polos mares de Galicia-Ámbitos de Galicia 2005"

mércores, 22 feb 2006

O xoves 23 , as 20,00 h. no salón de actos da Casa Galega da Cultura terá lugar a presentación do libro "Polos mares de Galicia – Ámbitos de Galicia 2005", no que se recollen os relatorios e intervencións do ciclo de conferencias que, baixo o mesmo título, se desenvolveu entre o 19 de maio e o 2 de xuño do 2005.