Este domingo, 5 de outubro, "ASPANAEX ten Marcha"

venres, 3 out 2014

Co apoio do Concello de Vigo, ASPANAEX celebra a súa 31ª Marcha, coa presenza de persoas destacadas da vida social, política e económica, que se suman este ano á proposta solidaria. A organización agarda conseguir o domingo o récord de asistentes.

Caballero invita á cidadanía a sumarse á marcha solidaria de Aspanaex

venres, 26 set 2014

O alcalde, a tenente de alcalde e os responsables e usuarios de Aspanaex presentaron este venres a 31ª edición da marcha, que terá lugar o próximo domingo, 5 de outubro, con saída e chegada no parque de Castrelos. Tanto Caballero como Silva eloxiaron o traballo da entidade e chamaron a sumarse a unha cita lúdica a prol dos dereitos das persoas con discapacidade intelectual.