xoves, 21 dec 2017
No transcurso da xornada informativa e de sensibilización celebrada por Cáritas na Oficina Municipal do Casco Vello para presentar o traballo realizado ao longo de 25 anos pola rede Social Koopera en favor da reinserción laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, Abel Caballero felicitou á entidade por ser "valedores dos dereitos cidadás". Amais, en presenza de Gonzalo Dávila, director de Cáritas Tui-Vigo e de Nieves Ramos, responsable de Relacións Institucionais, amosou o apoio a este labor e defendeu a importancia de que as empresas respecten a cota de contratación por dereitos sociais e non soamente por criterios económicos porque iso supón produtividade social.
mércores, 29 nov 2017
A concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, animou esta mañá a todo Vigo a participar o domingo 3 de decembro na gran paraugada coa que se celebrará o Día Internacional da Discapacidade. A cita será ás 12,00 h a carón do monumento a Julio Verne, no Náutico.
xoves, 23 nov 2017
O Ministerio de Sanidade e a FEMP veñen de recoñecer a labor do Concello de Vigo na atención ás mulleres vítimas de violencia de xénero. Este galardón súmase a outro que xa conseguira no ano 2011, neste caso no ámbito da prevención.
martes, 14 nov 2017
A tecnoloxía OMNI Assistance Virtual ofrece compañía e asistencia no fogar a través da televisión ás persoas dependentes. Abel Caballero valorou que a atención ás persoas maiores e aos nenos son o núcleo central do seu proxecto de cidade.
martes, 14 nov 2017
O goberno local aprobou esta mañá un recurso administrativo contra a decisión do Parlamento Galego, adoptada cos votos do PP, de establecer una cofinanciamento dos centros de día da Xunta de Galicia en Vigo. O Concello tería que adicar 345.000 euros para pagar o 30% do mantemento duns servizos que son competencia exclusiva da Xunta.
mércores, 8 nov 2017
O alcalde puxo en valor este mércores que "a inmensa maioría dos comedores sociais de Vigo teñen apoio do Concello", achegas que totalizan 238.000 euros a través do Banco de Alimentos, AFAN, Comedor da Esperanza, Hermanos Misioneiros dos Enfermos Pobres e Vida Digna.
luns, 6 nov 2017
Abel Caballero adiantou que recorrerá pola vía contenciosa a obriga da Xunta ao Concello de Vigo a cofinanciar os centros de día e as escolas infantís autonómicas. Amais, levará a cuestión á FEMP.
venres, 3 nov 2017
O alcalde deglosou este venres parte da política social programada polo Concello para o 2018 nos seus orzamentos, entre a que destacou unha nova partida de becas "de comedor e de inglés" para estudantes da Universidade de Vigo. Este novo programa se engade aos case 2 millóns para estadías no estranxeiro de alumnado de ESO e da Escola de Idiomas de Vigo.
martes, 31 out 2017
O presidente da FEMP reclamou un criterio único para determinar en todo o territorio que consumidores se atopan en risco de excusión social. Pide fixar idénticas coberturas e criterios ante consumidores vulnerables en toda España, e tamén, que as Comunidades Autónomas participen no financiamento da factura dos que se encontran en situación de risco social.
xoves, 26 out 2017
O alcalde asinou esta mañá un convenio de colaboración co Banco de Alimentos polo que lle outorga 15.000 euros. O obxectivo, dixo o rexedor en rolda de prensa, é financiar os gastos de alugueiro e mantemento do local social da ONG deste ano 2017. <br />