Actividad de "Escalada y multiaventura" en la Plaza de la Independencia

venres, 23 mar 2012

La Concelleria de Juventud organiza el evento de "Escalada y Multiaventura" el sábado 24 de marzo , de 16 a 20 horas, en la Plaza de la Independencia. El evento reproduce la dinámica de Camino a Camino, incorporando cómo actividad estrella la escalada. De este modo, entre otras actividades, se podrá "ascender" la Sierra del Gallinero, se harán pruebas y se explicará cómo ayudar a conservar el entorno de Zamáns, y los más pequeños "conquistarán" el Monte del Castro.

ANUNCIO DEPORTES

"CONVOCATORIA ESPECÍFICA PARA A CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ENTIDADES DEPORTIVAS DE VIGO EN RELACIÓN Á ACTIVIDADE DEPORTIVA DA TEMPADA 2011/2012"

venres, 16 mar 2012

A Xunta de Goberno Local, na sesión ordinaria do 2 de marzo de 2012, adoptou o seguinte acordo: Aprobar as Bases e a Convocatoria para a concesión de subvencións a entidades deportivas de Vigo en relación á súa actividade deportiva da tempada 2011/2012 (BOP 15 de marzo de 2012), e a tal fin destina no seu orzamento do ano 2012 con cargo á partida orzamentaria 3410.489.00.00 "Subvencións a clubs e entidades sen fin de lucro, un importe total de 600.000,00 euros.

ANUNCIO DE FESTAS

Programa "Vigo un mar de bandas"

venres, 9 mar 2012

No marco do programa "Vigo, un mar de bandas" que acolle o convenio de colaboración que está a impulsar a Concellería de Cultura e Festas coas bandas de música populares da nosa cidade, informase do prazo de admisión de solicitudes ata ás 13.00 horas do día 16 marzo do presente ano

ANUNCIO DE RECADACIÓN VOLUNTARIA

IMPOSTO VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA

venres, 9 mar 2012

De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2012 ata o 15 de marzo do presente ano.

ANUNCIO DA CONCELLERÍA DE IGUALDADE

CONCURSO DE MICROVÍDEOS " 8 de marzo, Día Internacional da Muller – 2012 "

venres, 2 mar 2012

Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller, que se conmemora o día 8 de marzo, o Consello Municipal da Muller e maila Concellería de Igualdade do Concello de Vigo convocan este concurso, co fin de fomentar unha maior implicación e concienciación cidadá a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres así como servir de canle para amosar as achegas que ao longo da historia fixeron e fan as mulleres ben de xeito individual ou colectiva.