Escoitar
ANUNCIO DE MOBILIDADE, TRANSPORTES E SEGURIDADE<br />

Pechada ao tráfico a rúa VENEZUELA, treito entre Arzobispo Xelmírez e Simón Bolívar

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de reparación da canalización de saneamento, a realizar pola empresa ESPINA OBRAS HIDRAULICAS, estará pechada ao tráfico a rúa VENEZUELA, treito entre Arzobispo Xelmírez e Simón Bolívar, con acceso exclusivo para garaxes, dende o luns 26 de marzo de 2012 ás 10:00 horas e por un período aproximado de tres días.

venres, 23 mar 2012
1332500718OBRAS.JPG
Desvíos de tráfico: Mentres dure a obra e para garantir o paso do Servizo Público habilitarase, con conos, un carril Bus na rúa Venezuela, treito entre ás rúas Arzobispo Xelmírez e Panamá, sentido cara á rúa Camelias. A sinalización de obra axustarase ao esbozo achegado, sen poder iniciar as obras até ter os sinais postos e a conformidade deste Departamento.

Solicítase a máxima colaboración cidadá.
Descargar todas as imaxes