Caballero sinala que as placas fotovoltaicas da humanización de Pintor Colmeiro surtirán de enerxía limpa á rúa
O alcalde de Vigo visitou este venres os traballos de reforma da segunda fase deste "importante" vial vigués, que incorporará aos habituais criterios de sostenibilidade das humanizacións as placas fotovoltaicas coas que o Concello prevé surtir de enerxía limpa "alomenos" á propia rúa. "O criterio de sostenibilidade que queremos aplicar o antes posible á cidade aplícase xa de forma aberta á humanización de Pintor Colmeiro", indicou.
Abel Caballero recordou que Pintor Colmeiro non foi reformada en ningún momento desde a súa apertura, convertíndoo nun vial "bastante deteriorado". O Concello adica 870.000 euros para esta mellora e o rexedor recordou que a obra pública crea postos de traballo na cidade.
Ao remate da humanización, a rúa terá tres metros e medio de beirarrúas de granito en cada marxe, ademais de arborado, xardineiras, bancos, novos puntos de luz e a renovación das canalizacións soterradas e o cableado.
Caballero adiantou que o cruce coa rúa Tarragona contará cun "deseño singular", dúas prazas nas que "haberá algunha novidade" de "ámbito cultural", segundo apuntou. O rexedor recordou que a reforma de Pintor Colmeiro foi contratada en base aos orzamentos do pasado ano.
Descargar todas as imaxes