Anuncios e Bandos
Obradoiro "Liderado feminino a través da comunicación"
venres, 13 mar 2015O goberno de Vigo abre o prazo de inscrición para o obradoiro de carácter gratuíto,"LIDERADO FEMININO A TRAVÉS DA COMUNICACIÓN" As prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición. Daráselles preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo. Inscrición previa desde o día 13 de marzo e ata cubrir prazas na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:30 a 15:00 h. Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .<br /> <br />
SOLICITUDE DE PRAZA NAS ESCOLAS INFANTÍS MUNICIPAIS (0-3 ANOS) CURSO 2015-2016
luns, 9 mar 2015A Xunta de Goberno Local, en sesion de 27 de febreiro, aprobou as "Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2015/2016".
Espectáculo de monicreques A casa do avó de Normalización lingüística
venres, 27 feb 2015O sábado 28 de febreiro, no Auditorio Municipal do concello (praza do Rei, 1) Ás 18:00. As portas abriranse ás 17:45. Prazas limitadas ata completar as localidades. Duración: 50 minutos. Para público familiar (+ 6 anos) Máis información na web: snl.vigo.org e no facebook: Vigo en galego
Selección de funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en OURIVERÍA
venres, 27 feb 2015A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 23 de febreiro de 2015, aprobou a Convocatoria e as Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Ourivería na Escola Municipal de Artes e Oficios.