Escoitar

Selección de funcionario/a interino/a na modalidade de plans e programas docencia transitoria en OURIVERÍA

A Xunta Reitora do Organismo Autónomo Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, na súa sesión de data 23 de febreiro de 2015, aprobou a Convocatoria e as Bases rectoras do proceso selectivo para a provisión de funcionario interino, na modalidade de plans e programas, para a docencia transitoria de Ourivería na Escola Municipal de Artes e Oficios.

venres, 27 feb 2015
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Prazo: 5 días a partir do seguinte á data de publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Lugar de presentación: Rexistro xeral do Concello de Vigo ou por calquera dos medios previstos na lexislación vixente
Días e Horario de entrega: Laborables de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres, sábados de 9:00 a 13:00 horas
Documentación a entregar:
Instancia solicitando participar no proceso de selección indicando expresamente o posto ao que opte,
Currículum Vitae acreditado
Proxecto docente,
Orixinal da vida laboral,
Fotocopia das acreditacións dos méritos alegados e do DNI (o candidato/ta seleccionado/a deberá presentar obrigatoriamente esta documentación compulsada)

Os/as interesados/as poderán consultar as Bases no taboleiro de anuncios da Escola Municipal de Artes e Oficios, no Taboleiro de Edictos da Casa do Concello e no apartado "Ofertas de emprego" da páxina web www.vigo.org.