Escoitar

O goberno local atende a petición da asociación Asperga de recibir terapia asistida con cans

O alcalde de Vigo avanzou esta mañá a inclusión dos afectados polo síndrome de Asperger nas terapias asistidas con cans que se prestan desde o Concello. Deste xeito, o rexedor atendeu a petición que lle trasladou esta mañá a responsable do colectivo de afectados en Vigo.

xoves, 26 feb 2015
1424958693asperga.JPG
Abel Caballero e María Carmen Alfonos Ínsua, representante da Asociación Asperga (Asociación Galega de familias de persoas afectadas co síndrome de Asperger), acordaron esta mañá incluir a estes doentes na terapia asistida con cans que presta o Concello. Tal e como explicou o rexedor, os 45 membros deste colectivo poderán acceder ao Plan Saúde e recibir un tratamento de estímulo recomendado por sicólogos e médicos. Dada a "enorme" demanda deste servizo por parte de distintas asociacións, Caballero anunciou o reforzo desta división canina.
Descargar todas as imaxes