Escoitar

A novena edición do festival Ao son de Vigo arranca o 1 de marzo no Auditorio Mar de Vigo

O Concello patrocina un ano máis a posta en marcha de Ao son de Vigo, o festival de Habaneras organizado por ACOPOVI que, como en pasadas edicións, organizarase no Auditorio Mar de Vigo. O primeiro concerto será o domingo 1 de marzo, a entrada será de balde, como é habitual, e o público disporá dun servizo especial de autobús.

xoves, 26 feb 2015
1424958553acopovi.JPG
Abel Caballero presentou hoxe a novena edición de Ao son de Vigo, o festival de Habaneras e Polifonía organizado por ACOPOVI (Asociación de Corales Polifónicas de Vigo). O próximo día 1 de marzo comezará o primeiro dos dez concertos que se van organizar no Auditorio Mar de Vigo, ao longo de marzo e abril a partir das 18,00 horas. Tal e como explicou o rexedor en rolda de prensa, tamén se celebrará o tradicional Festival das Letras Galegas, coa participación das 35 corais de ACOPOVI. Neste caso, os concertos serán os dias 10, 16 e 17 de maio.

A entrada é gratuíta e, como é habitual, o Concello disporá dun servizo de especial de autobús, con saída ás 17,45 horas da Farola de Urzáiz e co seguinte percorrido: Praza de España, Praza do Rei, Praza de América e Auditorio Mar de Vigo. O retorno será ao término dos concertos, ás 20,30 horas aproximadamente.

O domingo 1 de marzo actuarán a Coral Polifónica Lira de San Miguel de Oia, Amadeus, Val do Fragoso, Rosalía de Castro do Colexio Médico, Coro Clásico de Vigo e Coro de Cámara Gli Apassionati. A semana seguinte, domingo 8 de marzo, tocaralle o turno a Coral Polifónica Allegro, Mª Buen Pastor-P. Capuchinos; EPA, Polifónica de Ribadeo e María Auxiliadora.

O terceiro concerto do festival será o 15 de marzo, coas actuacións da UVCD de Candeán, Nautilus de Comesaña, Anduriña de Coruxo, Perla do Altlántico de Alcabre e o Coto de Carballal. A última actuación de marzo será o domingo 22, co Coro Apóstol Santiago, a Polifónica Agarimo, o grupo Coral de Oia, a coral de Valladares e máis Emilio Crespo de Navia.

Retomaránse os concertos o 12 de abril, coa Coral Atlántida de Matamá, Santa Clara de Lavadores, Santa Eualia de Luarca, Beade, Vivace da AECC e Máximo Gorki. O domingo 19 de abril actuarán no Mar de Vigo a Coral Cidade de Vigo, o Centro Social de Teis, o Centro Social Rivera Atienza, San Mamede de Zamáns e Alborada de Cabral. O 26 de abril será o turno da Enarmonía, do Ilustre Colexio de Avogados, de Helios Bembrive, de San Roque e de URECA.
Descargar todas as imaxes