Mobilidade e Seguridade

Peche ao tráfico da rúa Isaac Peral

venres, 25 abr 2008

Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de limpeza de gabias, a realizar pola empresa Construccións e Contratas, estará pechada ao tráfico a rúa Isaac Peral, treito de acceso á AP 9, o sábado 26 de abril de 2008 dende as 06.30 horas e por un período aproximado de sete horas.

Igualdade

Curso gratuíto "Taller: os praceres de Lola"

venres, 25 abr 2008

Os praceres de Lola é un obradoiro tuppersex feminista cun fin formativo ademais de lúdico, no que se pretende quitar de encima os mitos, tabús e prexuízos e permitir que as mulleres poidan gozar, coñecerse, reivindicar e descubrir a súa sexualidade.

Xerencia de Urbanismo

Exposición pública do padrón do Imposto sobre vehículos de tracción mecánica 2008

venres, 18 abr 2008

Segundo a publicación no BOP núm. 69 de data 10 de abril de 2008, estará en exposición pública o padrón do Imposto sobre vehículos de tracciòn mecánica ao ano 2008, dende o 11 de abril ata o 25 de abril inclusive, na oficina do Imposto de vehículos de tracción mecánica do Concello de luns a vernes, e na paxina www.vigo.org accedendo á carpeta do cidadán co seu identificador.