Escoitar

Os alumnos da Escola Municipal de Teatro reciben os seus diplomas

Arredor de 100 alumnos da Escola Municipal de Teatro asisten hoxe venres ás 21:00 horas á entrega de diplomas dos cursos de inverno e de verán, acto que terá lugar na sede da Escola, no Monte da Mina (Castrelos), e ao que asistirá a concelleira de distrito Marisol Polo.

venres, 14 xul 2006
1152878052teatro140706.jpg
Unha escena teatral
Os cursos contaron coa colaboración do Centro de Educación Especial "Saladino Cortizo", encargado da escenografía, e de alumnas do IES Teis, que se ocuparon da caracterización e da maquillaxe.

Os cursos de verán, que se levaron a cabo durante este mes de xullo, acaban de finalizar e versaron sobre a importancia do xesto, a interpretación teatral, o teatro lorquiano e o teatro cómico.
Descargar todas as imaxes