Tres mil kilos de molusco ao vapor na Festa do Mexillón de Castrelos
O próximo domingo, 16 de xullo, Castrelos acollerá unha das citas gastronómicas máis tradicionais da cidade de Vigo, a Festa do Mexillón. Nesta VII edición os 3.000 kilos de molusco preparado ao vapor virán acompañados de 500 kilos de empanada (de mexillón) e 500 litros de viño, todo a prezos simbólicos.
Desde primeiras horas da mañá, o Parque de Castrelos estará listo para que todos os cidadáns gocen desta saborosa cita, na que se degustarán 3.000 kilos de mexillón, mil quilos máis que na edición de ano pasado. Os pratos de mexillón poderanse acompañar con algo dos 4.000 kilos de limón, 500 kilos de empanada e 500 litros de viño que se porán á venda para que todos os asistentes gocen dunha boa comida.
Esta festa, á que asistiron o ano pasado unhas 3.000 persoas, organízaa a Federación de Peñas Recreativas El Olivo, coa que a Concellaría de Festas asinou un convenio para este fin, dotado con 14.000 euros. O secretario xeral da Federación, Juan Carlos Padín, adiantou que o reparto de comida se iniciará sobre as 10:00 da mañá, e que para evitar "abusos e aglomeracións" as racións, que serán "abundantísimas", terán un "prezo simbólico" que será probablemente de un euro ou euro e medio.
A cocción do molusco comezará arredor das 04:00 horas e a partir de aí, ao longo da madrugada, iranse incorporando as 110 persoas que participarán na elaboración e distribución da comida. Juan Carlos Padín asegurou que "a xente vai estar perfectamente atendida", aínda que considera moi probable que se acabe formando unha cola bastante longa, polo que recomendou acudir á Festa entre as 11:00 e as 12:00.
Como é tradicional, durante a celebración da festa entregarase o Mexillón de Ouro, que este ano recaerá no Real Club Náutico de Vigo, que en 2006 está a celebrar o seu centenario, tamén co apoio da Concellaría de Festas.
Descargar todas as imaxes