Escoitar
Centro de Día en Teis

O edificio Atalaia comezará a funcionar como centro de día a finais deste ano

O barrio de Teis contará a finais de ano cun Centro de Día situado no antigo edificio Atalaia. As instalacións contarán con 40 prazas para persoas maiores carentes de autonomía física.

venres, 14 xul 2006
1152881740teis1.JPG
A Concelleira de Benestar Social, Marta Iglesias e o Alcalde en funcións, Chema Figueroa visitaron a mañá do venres o edifico Atalaia, situado na avenida Dona Fermina no barrio vigués de Teis, para comprobar as melloras da obra. As instalacións contarán con 40 prazas para maiores con problemas de movilidade. As intalacións están dotadas con equipamientos especializados non residenciais, de contenido socio-rehabilitador que teñen como finalidade conter as perdas funcionais e favorecer o mantemento no seu medio habitual. O centro, en réxime de media pensión, prestará atención xeriátrica e rehabilitadora, coidados persoais, asistencia médica preventiva, terapia ocupacional, atención psico-social a todos os maiores co precisen


Financiación e xestión

O 26 de decembro de 2005, o Concello axudicou as obras do centro por unha cantidade de 390.000 euros promovidos pola Xunta. O proxecto xurde a partir dun convenio de colaboración asinado coa Consellería de Asuntos Sociais en octubro de 2004, onde se estableceron as bases do financiamento e acondicionamento do chalé Atalaia, de propiedade municipal. A xestión do centro é de responsabilidade do Concello, mentres o contrato de servicios será conveniado cunha institución especializada aínda non determinada.


Funcionalidade

O bo estado do antigo edificio Atalaia está permitindo que o proceso de renovación sexa máis rápido. Aproveitaranse a carpintería e os mármoles e o maior cambio é a introducción dun ascensor, necesario para axilizar o traslado dos residentes. O edificio consta de varias terrazas onde se poden apreciar vistas a ría.

O centro de día está pensado para dar solución ás necesidades específicas que sofren os veciños do barrio de Teis e o resto da comunidade viguesa, procurando atender ós usuarios da zona sen que teñan que realizar longos desprazamentos. O mesmo, o edificio Atalaia nace coa vontade de paliar o déficit de instalacións públicas que existe na cidade.

O concello vigués ten prazas tamén noutros centros de maiores. No Centro Xerontolóxico Vigo EUXA, coñecido por Barreiro, posuen 45 prazas dun total de 150 na área residencial e no centro de día 8 prazas de 30, e no centro de Cánovas del Castillo dispón de 25 prazas concertadas coa Cruz Vermella






1152881740teis1.JPG
1152881760atalaia.JPG
Descargar todas as imaxes