Escoitar

Karatekas de cinco a 70 anos participarán na Festa Infantil de Kárate, o sábado 29 en Coia

A Agrupación Deportiva Zanshin, coa colaboración do Concellaría de Deportes, organiza a XIX Festa Infantil de Kárate, que se celebrará mañá sábado a partir das 17:00 no Pavillón Municipal de Coia. No evento participarán uns 400 nenos e nenas.

venres, 28 abr 2006
1146225396karate280406b.jpg
A Festa contará coa presenza de alumnos de kárate dos colexios Mariano, Dobrada, Compañía de María (La Enseñanza), Celso Emilio Ferreiro, e dos clubes Body Live, Multisport II, Travesas, Coia e a Escola de Kárate Shotokan.

Os alumnos, con idades que van dos cinco aos 17 anos, desputarán un "torneo lúdico" de carácter mixto, en todos os niveis desta disciplina deportiva, desde o cinto branco ata o negro.

Ademais, haberá exhibicións de kárate, kobudo (unha arte de defensa persoal) e tai-chi. A idea, segundo explicou o presidente de Zanshin, Fernando Álvarez Saá, é que os rapaces, ademais de demostrar o que aprenderon ao longo do curso, "o pasen ben". Bocadillos e refrescos non van faltar para que a Festa sexa completa, e ademais todos os pequenos karatekas recibirán un trofeo e un regalo.

Por outra parte, as demostracións terán este ano un carácter familiar, ao sumárense a elas parentes dos alumnos, con idades que chegan ata os 70 anos. A concelleira de Deportes, Lucía Molares, salientou este carácter "interxeneracional" da XIX Festa Infantil de Kárate e resaltou a "forma de vida" que, segundo dixo, se expresa neste deporte. De feito, segundo os organizadores deste evento, o kárate favorece a concentración, xera respecto e educación, mantén en forma os seus practicantes e dá confianza e seguridade.
Descargar todas as imaxes