Escoitar

Xunta de Goberno Local

venres, 28 abr 2006
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 2 DE MAIO DE 2006.

1.- Acta da sesión ordinaria do 13 de marzo de 2006.

ALCALDÍA
2.- Subvención de 3.000 € á Asociación "Concepción Arenal" para axuda de organización de actividades educativas, de formación e promoción da muller. Expte. 2980/101.

3.- Dar conta do acordo entre a Secretaría do Estado de infraestructuras e planificación do Ministerio de Fomento, a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes da Xunta de Galicia e o Concello de Vigo en relación co acceso norte do Eixo Atlántico de alta velocidade á cidade de Vigo.

BENESTAR SOCIAL
4.- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta exptes. 1427/301, 1492/301, 22/1652.

CULTURA
5.- Subvención á Fundación MARCO para cubrir os gastos correntes orixinados polo funcionamento e as actividades do Museo de Arte Contemporánea de Vigo-ano 2006. Expte. 9553/331.

DEPORTES
6.- Solicitude do C.C. Ría de Vigo de autorización para realizar a carreira ciclista "7º Trofeo Concello de Redondela de Ciclismo Junior", o 7.05.06 nas rúas pertencentes ao Concello de Vigo. Expte. 6127/333.

7.- Solicitude do APAS de CEIP Igrexa Valladares e Igrexa Infantil de autorización para realizar o "Cross Escolar Igrexa Valladares" o día 7.05.06 no campo de fútbol da Gándara. Expte. 6128/333.

8.- Solicitude do C.C. Vigués de autorización para realizar a "carreira inaugural do Circuíto Deputación de Pontevedra para ciclistas das categorías Elite e Sub 23" o día 13.05.06. Expte. 6129/333.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
9.- Solicitude de Dª. Elia Rodríguez Rivas de desafectación dun tramo do camiño da Devesa-San Xoan do Monte en Teis ao uso público municipal. Expte. 17323/240. Desestimada.

10.- Rectificación de erro gráfico na planimetría de viais do Inventario municipal de bens e dereitos, do ramal do camiño de San Paio de Navia. Expte. 263/244.

11.- Alleamento de propiedade municipal sita na avda. de Hispanidade a Castro Galicia S.A. Expte. 13222/240.

12.- Devolución de fianzas:
a) Sielvigo S.L. Expte. 1234/241.
b) Covsa, Construccions, Obras e Viais S.A. Expte. 1235/241.

VIAS E OBRAS
13.- Ampliación do prazo de execución das obras de "Remodelación de beirarrúas e melloras da Travesía de Vigo, 1ª Fase". Expte. 44421/250.

14.- Plan de seguridade e saúde do Proxecto de reparaicón xeral de beirarrúas. Expte. 60/443.

XUVENTUDE
15.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal Dr. Fleming para o desenvolvemento de actividades de carácter xuvenil durante o ano 2006. Expte. 1606/336.

16.- Proxecto de convenio de colaboración entre o Concello de Vigo e a Asociación Veciñal Camiño Vello de Coia para o desenvolvemento de actividades de carácter xuvenil durante o ano 2006. Expte. 1590/336.

17.- Rogos e preguntas.