Escoitar

Rally Costa Atlántica

50 vehículos fabricados entre os anos 1935 e 1975 participarán na terceira edición do Rally Internacional Costa Atlántica que sairá de Vigo o próximo 22 de xuño e que presento hoxe a concelleira de Deportes, Lucía Molares.

xoves, 27 abr 2006
1146138991rallycosta1.jpg
O Rally é unha proba de regularidade cuns 500 quilómetros de lonxitude que se desenvolverá en tres etapas con saída da cidade de Vigo e chegada en Oporto, sendo finais de etapas intermedias San Estevo de Ribas do Sil e Vigo.

O percorrido por estrada incluirá tramos de regularidade con controis secretos, e unha proba no circuíto de Braga que determinarán a clasificación final. Haberá tamén un Concurso de Elegancia que terá lugar nos xardíns do Palacio de Cristal en Oporto.
Descargar todas as imaxes